lunes, 25 de agosto de 2008

Paellada-Sardiñada (23 Agosto de 2008)


A Peña Madridista Amancio de Riveira organizou o pasado sábado 23 de Agosto de 2008 no campo de fútbol de Carreira unha Paellada - Sardiñada totalmente gratuita para todos os socios e aficcionados do Real Madrid C.F.

A afluencia de asistentes foi masiva xa que se acercaron a redor de 300 persoas para degustar da comida-bebida e da festa que logo se prolongou ata algo máis das 03:00 da madrugada, acompañados en todo o momento polo Dj-Marix e tamén amenizando a festa o Grupo de Gaitas a Gandaina.

Realizadouse o sorteo de 1 Reloj Home / Muller (donado por Relojería Montero) e 1 corte de pelo na peluquería cadorniga.

Durante a celebración da mesma, os membros da xunta directiva recordaronlle a todos os madridistas que nos vindeiros meses van facer unha viaxe a capital de españa para presenciar no Santiago Bernabeu un encontro de Fútbol da 1º División Española, e tódos aqueles interesados se poñan en contacto con algún membro da xunta directiva. Tamén tiveron palabras de agradecemento para todas as persoas que colaboraron desinterasadamente e sen olvidarse da colaboración do tecido empresarial:

1. Concello de Riveira (concellería de cultura e festexos) (lonxa municipal)
2. Joyería Montero
3. Bodegas La Parra
4. Peluquería Cadorniga
5. Panadería Falcón
6. Isla Vionta
7. Golfiño

Agradecemos a publicación desta información

Contactar.
PEÑA MADRIDISTA AMANCIO DE RIVEIRA
Telf.
José Manuel (676.095.076)
Silverio (650.942.875)


No hay comentarios: