sábado, 13 de diciembre de 2008

Partido de Liga Barcelona - Real Madrid

NOTA INFORMATIVA


PARTIDO DE FÚTBOL BARCELONA – REAL MADRID

Lugar: Restaurante Praia do Vilar (Vilar – Carreira)

Día: Sábado 13 de Decembro de 2008

Hora: Ás 21:00 h

Nota: Servirase a todos/as os membros socios/as da Peña un pincho variado “de picoteo” (empanada, tortilla, quesos, xamón...etc) para disfrutar e animar o Real Madrid C.F.

Prezo: Gratis

Apuntarse:

Chamando ós Telfs
(676.09.50.76 – Mariscal)
(686.929.992 - Cadorniga)


Un saúdo
A Directiva

martes, 9 de diciembre de 2008

Visita a Capital de España (Partido de Liga Real Madrid - Sevilla)

NOTA DE PRENSA

A Peña Madridistas AMANCIO de Riveira segue dando pasos xigantescos no que se refiere a promoción, xestión, trámites e ampliación de socios, xa que na actualidade son máis de un cento.

A semana pasada membros da xunta directiva viaxaron a capital de España para tratar varios temas de interese. O xoves 4 de decembro ás 17:30 h mantiveron unha reunión co Director de Peñas D. José Bernabeu sendo invitados a inauguración da nova sede social de Peñas na Esquina do Bernabeu para que logo ás 20:00 foran presentados e atendidos polo presidente da entidade Madridistas D. Ramón Calderón aproveitando que estaba no mesmo acto. Os temas máis relevantes tratados nas oficinas do Santiago Bernabeu foron os seguintes: Facilidade de entradas para socios da peña, viaxes organizados, bonificacións especiais para visitas o estadio bernabeu (Tour) e Valdebebas, Concretar fecha da presenza de AMANCIO AMARO en Riveira, viaxar na SAETA, Abonos especiais para peñas, Reunión anual de peñas, viaxes coa expedición madridistas ós partidos oficiais, exposición circulante dos trofeos do Real Madrid que actualmente están no Museo madridista e outros de gran intereses para todos os madridistas riveirenses.

Despois das reunións mantidas con membros do Club blanco os membros da xunta directiva quedaron moi satisfeitos polo bo grado de atención e interese mostrado, recibindo diferentes agasallos: 60 Entradas gratuitas para o partido de baloncesto Real Madrid – Estudiantes, 60 Entradas gratuitas para o partido de Champións Real Madrid – Zenit, 60 entradas gratuitas para ver as instalación deportivas de Valdebebas (campos de entrenamento do Real Madrid e campos de partidos oficiais das categorías inferiores) e tamén lle repartiron Pins e chaveiros para repartir a todos os socios da entidade madridistas Peña AMANCIO. Confirmando que o vindeiro ano 2009 celebrando o 22º Aniversario da Peña contaran coa presencia de AMANCIO AMARO (ex-xogador), para celebrar os actos oficiais.

Logo o venres 05 de decembro os memos membros da xunta directivo foron a presenciar ós estudios da Cadena SER o programa EL LARGUERO (programa deportivo a partir das 00:00 h), co seu presentador José Ramón de la Morena ó frente. Sendo invitados a presenciar tamén en directo o programa EL CARRUSEL DEPORTIVO que se celebra todos os domingos polo tarde retransmitido a xornada deportiva. Agradecéndolle a Pepe Domingo Castaño as palabras que dixo: “Tenemos hoy con nosotros aquí en nuestro plató a unos amigos de Riveira, en nombre de la Peña madridistas Amancio, por lo tanto quisieramos dar un saludo para toda la gente de Riveira, Santa Uxía de Riveira, un saludo a la Peña Madridistas Amancio de Riveira”.

Nese mesmo intre ó redor das 18:45 h da tarde despois de toda a noite en carretera e facendo algo máis de 600 kilometros en bus, chegaban a Capital de España 50 socios da Peña Madridista Amancio de Riveira, cos ánimos ben cargados para animar ó seu equipo da alma, o cal se iba a disputar ás 21:00 h no Estadio Santiago Bernabeu entre o Real Madrid e o Sevilla. En total 62 persoas de Riveira presenciaron o encontro, xa que algúns viaxaron en coche e outros en avión.

O Vindeiro sábado 13 de decembro de 2009 ás 21:30 h no restaurante da Praia do Vilar en Carreira, todos os socios/as da Peña Madridistas Amancio de Riveira celebran unha cea “picoteo” mentres presencian o partido de Fútbol Barcelona – Real Madrid C.F, para apuntarse poden facelo chamando ós seguintes números de telf: Mariscal (676 09 50 76 ) ou Cadorniga (686 92 99 92).