miércoles, 26 de agosto de 2009

1º Partido de Liga 2009-10 (REAL MADRID - DEPORTIVA DA CORUÑA)

1º PARTIDO DE LIGA 2009 - 10

REAL MADRID – DEPORTIVO DA CORUÑA

O vindeiro 29 de Agosto arranca o campionato de liga de 1º División co partido no Santiago Bernabeú a disputar entre o Real Madrid e o Deportivo da Coruña, polo que a Peña Madridista Amancio de Riveira comeza a tempada ilusionada e con gañas de animar o seu equipo.

Todos/as os asociados van poder visualizar o encontro o vindeiro sábado a partir das 20:00 h no Bar – Restaurante do Vilar cunha pantalla 2x2 metros que se estará proxectando dende un cañón portátil. Ó mesmo tempo que poderán degustar dun “picoteo” (empanada, tortilla, queso, xamón...refrescos, viño e cervezas...etc), gratuitamente.

Para este mesmo encontro algo máis de 20 socios da entidade viaxaran por un precio de 47 € para animar o Real Madrid estando presenciando o encontro dende o 4º Anfiteatro Lateral.


A Peña tamén puso a venda a Lotería de Nadal para premiar o 22 de decembro de este mesmo ano 2009 xogando o número 54.525, o prezo serán 5 € por unidade e cun donativo de 1 € . dita Lotería adquiriuse na administración La Fortuna, e os décimos están depositados na entidade bancaria de Caixa Nova.

Unha novidade a destacar e a nova alta de Xoan Castro Sobrido como socio máis cativo da entidade, con só un par de meses de vida.

O maior interese da entidade e seguir crecendo tanto económica coma socialmente, como se estivo facendo ata o de agora . Por iso todos os membros da xunta directiva están a facer un gran esforzo para conseguir aumentar o número de socios, conseguir maior número de entradas para presenciar os encontros do Real Madrid, facilidades para asociados, conseguir máis subvencións das administracións, aumentar o número de patrocinios, donacións e colaboracións, venda de lotería, organizar eventos deportivos, culturais e sociais e outros...

Nota: Para máis información poden poñerse en contacto chamando os números de teléfono: Mariscal (676.095.076) ou Cadorniga (686.929.992)